Xa está en marcha a "Campaña de Neve 2023"⛄, da Deputación da Coruña

Concello de Noia

viernes, 01 de diciembre 2023

Xa está en marcha a "Campaña de Neve 2023"⛄, da Deputación da Coruña, na estación asturiana de Valdegrande-Pajares. 
Destinada aos nenos e nenas de entre 11 e 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023; tendo preferencia os que non acudiran nunca a ningunha Campaña de Neve anterior. 
Ao Concello de Noia correspóndelle a 4° quenda, do 2️⃣ ao 5️⃣ de febreiro. Noia conta con 8️⃣ prazas, de recibir máis solicitudes farase un sorteo público coa presenza da secretaria municipal. 
⛷️A viaxe inclúe traslados en autobús, aloxamento, manutención, clases de esquí e diversas actividades. 
✏️As inscricións presentaranse no Concello, ata o 1 de decembro.