28 octubre 2023

🎞 Programa XXIV Mostra de Curtas “VILA DE NOIA”

Dende este momento están dispoñibles os convites para todos os pases da mostra dende o 1 ata o 10 de novembro.

30 noviembre 2023

A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE, durante o mes de decembro.

24 noviembre 2023

O Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, anunciou unha inversión de 684.000€ no servizo de atención temperá

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e a Concelleira de Servizos Sociais/CIM NOIA , Marisol Villar, acompañaban ao Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, e á Xefa Territorial, María Blanco, á súa visita ao servizo de atención temperá. A nosa unidade é unha das dúas que existen na comarca. Durante a visita o Delegado anunciou unha inversión de 684.000€, nos dous centros. Tamén destacou a importancia deste servizo que mellora a autonomía, a convivencia social e familiar e a inclusión social.

24 noviembre 2023

Noia xúntase no Día Internacional contra a violencia de xénero, nun movemento de concienciación xeral da poboación 💜

Noia xúntase no Día Internacional contra a violencia de xénero, nun movemento de concienciación xeral da poboación 💜

24 noviembre 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor,participou na inauguración do obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo Alcalde de Noia, Santiago Freire e pola Alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, participou na inauguración do obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023, organizado polo Concello de Noia en colaboración co Concello de Lousame,

23 noviembre 2023

Programación con motivo do vindeiro 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

🟣Programación completa que organizamos dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM), con motivo do vindeiro 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero” 🫂

21 noviembre 2023

Reunión sector comercio o xoves 23 ás 20:30 horas na 2º planta do Casino

Reunión sector comercio o xoves 23 ás 20:30 horas na 2º planta do Casino.

15 noviembre 2023

Onte arrancou o Ciclo de Concertos que o Conservatorio Profesional de Noia

Onte arrancou o Ciclo de Concertos que o Conservatorio Profesional de Noia, “Felipe Paz Carbajal” ten programado para este curso 23-24. Neste primeiro concerto puidemos gozar do talento do seu alumnado interpretando pezas de compositores coñecidos como Telemann e Bach ou artistas coñecidos coma os Beatles.

14 noviembre 2023

Dende as 9:30 h e ata as 15:00 h estará prohibida a circulación de vehículos (incluídos os residentes) na Rúa Calvario

Mañá, mércores 15 de novembro, dende as 9:30 h e ata as 15:00 h estará prohibida a circulación de vehículos (incluídos os residentes) na Rúa Calvario, dende a Capitanía Marítima ata o cruce de Barro.

14 noviembre 2023

Xuntos polo Nadal

INFORMACIÓN E SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE NOIA.

10 noviembre 2023

Fíxoselle entrega do Premio Honorífico da Mostra a Javier Gutiérrez

Onte, dentro do marco da 🎬 XXIV Mostra Curtas Noia, fíxoselle entrega do Premio Honorífico da Mostra a Javier Gutiérrez, un actor gañador de 2 Premios Goya e cunha longa e exitosa traxectoria.

07 noviembre 2023

Prohibida a circulación de vehículos na Rúa Calvario

⛔ Dende as 08:00 h do xoves, 9 de novembro, ata as 23:50 h do venres, 10 de novembro, estará prohibida a circulación de vehículos (incluídos os residentes) na Rúa Calvario dende a Capitanía Marítima ata o cruce de Barro.

05 noviembre 2023

Claudina é profesora no IES Campo de San Alberto

👩‍🏫 Claudina é profesora no IES Campo de San Alberto, atópase de intercambio no Forest Hill Collegiate Institute de Toronto, Canadá 🇨🇦 , onde fixo entrega á directora do instituto canadiense dun pequeno agasallo doado polo Concello, así como trípticos informativos da nosa Vila.

03 noviembre 2023

Freire plantea ao conselleiro de Xustiza a varias melhoras

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e as Concelleiras Laura Salgado e Ana García, mantiñan unha reunión co Vicepresidente primeiro, Diego Calvo, e coa Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Entre os temas enriba de mesa, a compra dun inmoble para trasladar varias dependencias do xulgado. Posibles reformas na Casa do Concello, melloras nas instalacións do GES e en instalacións deportivas foron outros dos puntos tratados.

02 noviembre 2023

A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove

A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove. Goza das fins de semana de novembro e decembro de actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís.

30 octubre 2023

Recibimos a visita do Presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso

Esta mañá recibíamos a visita do Presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso. Comprobamos de primeira man o avance das obras da estrada Noia-Boiro e as da Rúa Anxo Senra. Tamén nos achegamos á Asociación A Misela para coñecer máis polo miúdo o seu traballo. Ao remate das visitas, o Alcalde, Santi Freire, aproveitou para conversar co Presidente sobre a necesidade de mellorar a pavimentación de varias vías (Travesía de Santa Cristina, O Couto, Santa María de Roo e os Malecóns de Cadarso e San Lázaro) e a posibilidade de reversión dalgunha delas.

27 octubre 2023

Xa están dispoñibles os convites 🎟️ para asistir á proxección 📽️ do filme “Amigos hasta la muerte” de Javier Veiga

Xa están dispoñibles os convites para asistir á proxección do filme “Amigos hasta la muerte” de Javier Veiga @veigajavier

27 octubre 2023

🟣III Concurso Insta - Foto "Rachando co Medo" 📷

III Concurso Insta - Foto "Rachando co Medo"

26 octubre 2023

Este domingo, 29 de outubro, terá lugar "Cultura Urbana On Tour"

Este domingo, 29 de outubro, terá lugar na Alameda de Noia "Cultura Urbana On Tour", un ciclo de obradoiros itinerantes de graffiti, parkour, rap e cap paint impartidos por Vella Escola, en colaboración co Concello de Noia e promovidos pola Asociación de Familias Galegas Monomarentais (FAGAMOS). Están dirixidos á rapazada de entre de 8 e 16 anos e abertos a todas as familias pero con prioridade de acceso ás #familiasmonomarentais.

26 octubre 2023

A Concellería de Educación presenta o proxecto “Aula nas ondas”

A Concellería de Educación, en colaboración con Radio Líder Noia, presenta o proxecto “Aula nas ondas”.

26 octubre 2023

Un ano máis xa temos aquí os concertos do alumnado do Conservatorio Felipe Paz Carbajal

Un ano máis xa temos aquí os concertos do alumnado do Conservatorio Felipe Paz Carbajal. Esta mañá tiña lugar a presentación de toda a programación, 2023/2024, que comezará este martes 31 de outubro e rematará no mes de xuño, co xa tradicional xuño musical. Os concertos serán ás 20:30h no Teatro Coliseo Noela.

26 octubre 2023

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu onte a Noia

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu onte a Noia para atender as demandas dos profesionais do sector marisqueiro despois dun irregular inicio de campaña. No encontro celebrado na sede da Confraría San Bartolomeu de Noia, o Conselleiro conversou cos representantes do sector co fin de coñecer a súa problemática e articular as medidas que contribúan a paliar a súa situación.

19 octubre 2023

Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama

Hoxe, 19 de outubro, Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, dende o Concello de Noia queremos enviar unha mensaxe de ánimo e forza a todas as mulleres que enfrontan ou enfrontaron esta enfermidade. Polas que libraron a batalla e gañaron, polas que día a día loitades por gañar, polas súas familias e, polas que, desgraciadamente, perderon. Cada batalla é distinta, pero a loita é de todos!! Xuntos gañaremos a batalla!!

18 octubre 2023

Neste curso escolar o Concello de Noia destina 150.000 € ao eido da educación

Neste curso escolar o Concello de Noia destina 150.000 € ao eido da educación