Actos do 12 Outubro. Ás 12:30 h no Convento dos Pais Franciscanos

Escrito o 12/10/2023



Esta mañá tiñan lugar os actos do #12Outubro. Ás 12:30 h no Convento dos Pais Franciscanos celebrouse a misa no honra da Virxe do Pilar. Unha vez rematada a eucaristía o claustro do concello acollía o ágape, durante o cal o Capitán da Garda Civil, logo de dirixirse aos asistentes, fixo entrega de 4 placas, unha das cales foi para o Concello. O Alcalde, Santi Freire, foi o encargado de recollela.
Agradecer á benemérita o seu convite e felicitalos polo seu extraordinario traballo que fan día tras día.