O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu onte a Noia para atender as demandas dos profesionais do sector marisqueiro despois dun irregular inicio de campaña. No encontro celebrado na sede da Confraría San Bartolomeu de Noia, o Conselleiro conversou cos representantes do sector co fin de coñecer a súa problemática e articular as medidas que contribúan a paliar a súa situación.
Na súa visita estivo acompañado polo Alcalde, Santi Freire, e os Concelleiros Pepe Pérez e Laura Salgado