Este domingo, 29 de outubro, terá lugar "Cultura Urbana On Tour"

Escrito o 26/10/2023



Este domingo, 29 de outubro, terá lugar na Alameda de Noia "Cultura Urbana On Tour", un ciclo de obradoiros itinerantes de graffiti, parkour, rap e cap paint impartidos por Vella Escola, en colaboración co Concello de Noia e promovidos pola Asociación de Familias Galegas Monomarentais (FAGAMOS). Están dirixidos á rapazada de entre de 8 e 16 anos e abertos a todas as familias pero con prioridade de acceso ás #familiasmonomarentais.
En caso de choiva celebrarase no Espazo Xove de Noia.