Esta mañá recibíamos a visita do Presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso. Comprobamos de primeira man o avance das obras da estrada Noia-Boiro e as da Rúa Anxo Senra. Tamén nos achegamos á Asociación A Misela para coñecer máis polo miúdo o seu traballo. Ao remate das visitas, o Alcalde, Santi Freire, aproveitou para conversar co Presidente sobre a necesidade de mellorar a pavimentación de varias vías (Travesía de Santa Cristina, O Couto, Santa María de Roo e os Malecóns de Cadarso e San Lázaro) e a posibilidade de reversión dalgunha delas.
Comentarios
Sen comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Recibimos a visita do Presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso
Escrito o 30/10/2023