A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove

Escrito o 02/11/2023


A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove. Goza das fins de semana de novembro e decembro de actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís.
Este ano ofértanse 900 prazas divididas en 45 quendas para a mocidade entre 14-17 anos e 18-30 anos (ambos inclusive)
O prezo será de 25€ toda a fin de semana cun desconto do 25% para as familias numerosas, familias monoparentais e as posuidoras do #CarnéXove
O prazo de inscrición xa está aberto.