O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor,participou na inauguración do obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023

Escrito o 24/11/2023



O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo Alcalde de Noia, Santiago Freire e pola Alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, participou na inauguración do obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023, organizado polo Concello de Noia en colaboración co Concello de Lousame, 
que formará a 20 persoas desempregadas, durante 12 meses, en conservación e mellora de montes, grazas a un investimento da Xunta de máis de 531.000 €. 
Os obradoiros de emprego son programas públicos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral e social.
#ObradoirosEmprego #ConcellodeNoia #Noia #EmpregoNoia