A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE

Escrito o 30/11/2023


A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE, durante o mes de decembro. 
Este venres, día 1, ás 12:30 h celebrarase, a través da aula virtual de consumo, a primeira das 4 charlas abertas, neste caso sobre o Control do Mercado (en especial xoguetes e produtos de Nadal) 
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder os venres ás 12.30 h á web de consumo da Xunta de Galicia. 
ℹ️Para participar en cada charla:
1️⃣Entra na web do IGCC: pulsando aquí

2️⃣Pincha na foto que ves na páxina principal VENRES DE CONSUMO
3️⃣Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois preme na ligazón para acceder á mesma.
⚠️OLLO! Se non tedes a aplicación Webex instalada, debedes premer en "Únase desde el navegador"
4️⃣UNIRSE Á REUNIÓN
#ConsumoResponde