02 noviembre 2023

A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove

A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove. Goza das fins de semana de novembro e decembro de actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís.

15 octubre 2023

Esta semana celebrouse o Aberto Nacional de Clubes 2023 de Boxeo

Esta semana celebrouse o Aberto Nacional de Clubes 2023 de Boxeo en San Javier, Murcia. Alí, dous noieses proclamáronse Campións na súa respectiva categoría:

14 octubre 2023

O novo clube deportivo + D Monte presenta a súa primeira actividade formativa

O novo clube deportivo + D Monte presenta a súa primeira actividade formativa: Curso de Iniciación á Marcha Nórdica. Gratuita e para todas as idades.

10 octubre 2023

🛼 Esta fin de semana a nosa vila converterase no epicentro da patinaxe

Esta fin de semana a nosa vila converterase no epicentro da patinaxe. Os días 14 e 15 o Agustín Mourís acollerá a II Fase de categoría rexional, unha cita que traerá preto de 300 deportistas de todos os puntos de Galicia.

28 septiembre 2023

VII Edición Noia en marcha contra o cancro

O vindeiro sábado 30 de setembro poderemos desfrutar dunha cita solidaria, a VII Edición Noia en marcha contra o cancro.

22 septiembre 2023

Primeira regata de remo de mar e a única de liga nacional que se celebra en Galicia

🛶 O vindeiro sábado, 30 de setembro, a Ría de Muros-Noia acollerá a primeira regata de remo de mar e a única de liga nacional que se celebra en Galicia. Esta mañá as instalacións do Club do Mar Noia acolleu a presentación oficial aos medios na cal se confirmou que a proba será Memorial "José González Capeáns". A regata será en horario de mañá e tarde e o inicio previsto será, aproximadamente, ás 09:30h.

16 septiembre 2023

O pasado domingo a Sociedade Liceo de Noia acollía a VI edición do torneo de xadrez "Vila de Noia"

♟️ O pasado domingo a Sociedade Liceo de Noia acollía a VI edición do torneo de xadrez "Vila de Noia" Un ano máis un éxito, tanto na organización como no número de participantes. O Concelleiro de Deportes, Santi Rodríguez, e os Concelleiros Iván Lorenzo e Laura Salgado asistiron a entrega de medallas e trofeos.

08 septiembre 2023

Gran velada de boxeo 100% galego

🥊 O vindeiro sábado, 16 de setembro, a Sociedade Liceo de Noia Oficial acollerá unha gran velada de boxeo 100% galego. A VI edición da SKT fighters foi presentada hoxe no salón de plenos do Concello.

07 septiembre 2023

O noiés Caetano Horta consegue o billete para os Xogos Olímpicos #París2024

Boísimas as noticias que nos chegan dende o Mundial de Remo, en Belgrado. O noiés Caetano Horta, facendo parella co catalán Dennis Carracedo, consegue o billete para os Xogos Olímpicos #París2024

06 septiembre 2023

VI edición do Torneo de Xadrez “Vila de Noia”

♟ A Sociedade Liceo de Noia acolle este vindeiro domingo, 10 de setembro, a ♟ A Sociedade Liceo de Noia acolle este vindeiro domingo, 10 de setembro, a VI edición do Torneo de Xadrez “Vila de Noia”.

31 agosto 2023

Hoxe presentouse aos medios a XXV Carreira Pedestre de Noia

🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♂️ #XXVCarreiraPedestreNoia

25 agosto 2023

⚽ O torneo de fútbol sala xa é un habitual nas festas patronais

⚽ O torneo de fútbol sala xa é un habitual nas festas patronais. Mañá, sábado, o Agustín Mourís acollerá a VI edición do Trofeo Portus Apostoli, que enfrontará ao equipo local Noia Portus Apostoli FS co Eléctrico FC, da Primeira División portuguesa.

24 agosto 2023

Nas festas de San Bartolomeu, o deporte noiés sempre é un dos protagonistas

Nas festas de San Bartolomeu, o deporte noiés sempre é un dos protagonistas na nosa vila.

23 agosto 2023

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na climatización e ventilación da piscina cuberta municipal de Noia

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na climatización e ventilación da piscina cuberta municipal de Noia (medida 2), co fin de reducir o consumo de enerxía final e as emisións de CO2, mediante a mellora da súa eficiencia enerxética. Dito investimento foi cofinanciado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020; modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro.

21 agosto 2023

A pasada fin de semana puidemos desfrutar do 3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín"

🏀 A pasada fin de semana puidemos desfrutar do 3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín", organizado polo CB.Noia

16 agosto 2023

Onte tivo lugar a XXI Travesía solidaria a nado entre Testal e o Freixo

🏊‍♀️ Onte tivo lugar a XXI Travesía solidaria a nado entre Testal e o Freixo, unha proba de carácter non competitivo na que se deron cita nadadores da contorna. 🙌 A proba estivo organizada unha vez máis pola Asociación Adeco-Dea Noia que, xunto co Concellereiro de Deportes, Santi Rodríguez, fixeron entrega dos premios aos participantes. …

10 agosto 2023

3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín", de Baloncesto

🏀 O 19 e 20 de Agosto tes unha cita co baloncesto, en Noia, coa celebración, na rúa, do 3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín", organizado polo CB.Noia.

07 agosto 2023

Travesía solidaria a nado entre Testal e O Freixo

Un ano máis xa está aquí a travesía solidaria a nado entre Testal e O Freixo e xa van XXI edicións. O vindeiro martes, 15 de agosto, nada pola inclusión, pola solidariedade e a integración.

06 agosto 2023

Presentación da XIV Concentración moteira

Onte na Alameda tivo lugar a presentación da XIV Concentración moteira, organizada pola Asociación Moteros Ría de Noia, que terá lugar os días 11, 12 e 13 deste mes.

30 julio 2023

O Club tenis Fieiro celebrou esta fin de semana o seu torneo de verán

Como xa é habitual o Club tenis Fieiro celebrou esta fin de semana o seu torneo de verán. As pistas do paseo marítimo acolleron todos os encontros. O Concelleiro de Deportes, Santi Rodríguez, e a Concelleira de Xuventude, Laura Salgado, gozaron das finais e participaron da entrega das medallas. Agradecer ao club a excelente organización, felicitar a todos os participantes e, desde xa, pensando na nova edición do 2024.

24 julio 2023

Velada de Boxeo MFC031 no Agustín Mourís

🥊Ambiente de gala o rexistrado o sábado no Agustín Mourís durante a Velada de Boxeo MFC031.

23 julio 2023

Martín Iglesias Rial, do Club ITF Noia, consegue alzarse coa medalla de bronce

Martín Iglesias Rial, do Club ITF Noia, consegue alzarse coa medalla de bronce, 🥉no Campionato Mundial de Savate celebrado en Croacia.

21 julio 2023

Velada de Boxeo MFC031

🥊 Mañá, sábado 22 de xullo, o Agustín Mouris será escenario na Velada de Boxeo MFC031. Os asistentes tamén poderán gozar do torneo europeo Thai Right -59kg. A nosa vila estará representada, Pablo Liñayo e Manuel Castro subirán ao ring.

21 julio 2023

Martín Iglesias Rial, do Club ITF Noia , encóntrase en Croacia no Campionato Mundial de Savate

Dende o martes, Martín Iglesias Rial, do Club ITF Noia , encóntrase en Croacia, concretamente na cidade de Varazdin, onde se esta celebrando o Campionato Mundial de Savate (boxeo francés) na modalidade combat (contacto completo).