Martín Iglesias Rial, do Club ITF Noia , encóntrase en Croacia no Campionato Mundial de Savate

Escrito o 21/07/2023



Dende o martes, Martín Iglesias Rial, do Club ITF Noia , encóntrase en Croacia, concretamente na cidade de Varazdin, onde se esta celebrando o Campionato Mundial de Savate (boxeo francés) na modalidade combat (contacto completo).
Martín será un dos únicos dous representantes de España, acompañado por Manu Miguez, de Ourense.
Dende onte e ata o sábado terán lugar os combates eliminatorios para derimir os finalistas, que loitarán polo título en veladas posteriores á finais de ano.
Moita sorte Martín!! A por todas!! 💪🏼