Velada de Boxeo MFC031

Escrito o 21/07/2023



🥊 Mañá, sábado 22 de xullo, o Agustín Mouris será escenario na Velada de Boxeo MFC031. Os asistentes tamén poderán gozar do torneo europeo Thai Right -59kg. A nosa vila estará representada, Pablo Liñayo e Manuel Castro subirán ao ring.
Esta mañá os Concelleiros Santi Rodríguez e Laura Salgado, xunto a Moisés Hermo, Presidente do Club de Lucha Noia, e aos dous boxeadores locais, fixeron a presentación oficial do evento.
Moita sorte a todos 🍀, en especial aos nosos deportistas. 
🎟️Aínda podedes mercar as vosas entradas anticipadas no bar Áncora (Noia e Broña), disco pub BBT e a través da seguinte ligazón