Velada de Boxeo MFC031 no Agustín Mourís

Escrito o 24/07/2023



🥊Ambiente de gala o rexistrado o sábado no Agustín Mourís durante a Velada de Boxeo MFC031. 
Felicitar a todos os púxiles que se subiron ao ring e que nos deixaron combates de moita calidade. En especial a Pablo Liñayo e Manuel Castro, competidores noieses e vencedores na súa categoría, e a Michael Mysengsay, gañador do torneo Thai Right - 59 kg.