O Club tenis Fieiro celebrou esta fin de semana o seu torneo de verán

Escrito o 30/07/2023



Como xa é habitual o Club tenis Fieiro celebrou esta fin de semana o seu torneo de verán. As pistas do paseo marítimo acolleron todos os encontros. O Concelleiro de Deportes, Santi Rodríguez, e a Concelleira de Xuventude, Laura Salgado, gozaron das finais e participaron da entrega das medallas. Agradecer ao club a excelente organización, felicitar a todos os participantes e, desde xa, pensando na nova edición do 2024.