3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín", de Baloncesto

Escrito o 10/08/2023



🏀 O 19 e 20 de Agosto tes unha cita co baloncesto, en Noia, coa celebración, na rúa, do 3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín", organizado polo CB.Noia. 
Esta mañá foi presentado polo Concelleiro de Deportes, Santiago Rodríguez, e a Concelleira de Xuventude, Laura Salgado, xunto a representantes do C.B. Noia. 
🔉 Durante a presentación lembraron que as inscricións todavía están abertas ata o vindeiro 16 de Agosto. 
#NoiaCoBaloncesto