A pasada fin de semana puidemos desfrutar do 3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín"

Escrito o 21/08/2023



🏀 A pasada fin de semana puidemos desfrutar do 3x3 Memorial Agustín Pérez "Tinín", organizado polo CB.Noia 
Foron dúas xornadas de auténtico espectáculo baloncestístico, con máis de 50 equipos participantes nas diferentes categorías. O Alcalde, Santi Freire, e o Concelleiro de deportes, Santi Rodríguez, fixeron entrega dos trofeos aos equipos gañadores.
#NoiaCoDeporte #NoiaCoBaloncesto