O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na climatización e ventilación da piscina cuberta municipal de Noia

Escrito o 23/08/2023


O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na climatización e ventilación da piscina cuberta municipal de Noia (medida 2), co fin de reducir o consumo de enerxía final e as emisións de CO2, mediante a mellora da súa eficiencia enerxética. Dito investimento foi cofinanciado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020; modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro.
O investimento levado a cabo polo concello de Noia levouse a cabo na piscina municipal de Noia sustituindo a deshumectadora existente por unha nova de alta eficiencia e maior potencia, así como a instalación de novos conductos de ventilación e ampliación de varios tramos incorporando un recuperación de calor nos conductos do aire de extración, acadando así un aforro enerxético e unha redución das emisións de CO2 e de outros contaminantes atmosféricos, mediante unha mellora na eficiencia enerxética.
O investimento levado a cabo polo Concello de Noia para a mellora da eficiencia enerxética na climatización e ventilación da piscina cuberta municipal de Noia foi financiado nun 80% polo IDAE a través do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020. Dito importe de financiación ascende a 159.154,07€.