Nas festas de San Bartolomeu, o deporte noiés sempre é un dos protagonistas

Escrito o 24/08/2023



Nas festas de San Bartolomeu, o deporte noiés sempre é un dos protagonistas na nosa vila.
Hoxe, o Club Deportivo Master Tenis Noia celebrou o Torneo de Tenis Infantil, na que cada participante recibiu un trofeo por parte de Santi Rodríguez, Concelleiro de Deportes, e Laura Salgado, Concelleira de Xuventude.
No eido do Taekwondo, como vén sendo tradición, o Ximnasio Maniotas e o Club ITF Noia fixeron cadansúa exhibición na Alameda.
Ademais, onte, disputouse, no estadio municipal Julio Matito Mato, o Trofeo San Bartolomeu entre o CF Noia e o SD Negreira; sendo vencedor o Negreira.