⚽ O torneo de fútbol sala xa é un habitual nas festas patronais

Escrito o 25/08/2023



⚽ O torneo de fútbol sala xa é un habitual nas festas patronais. Mañá, sábado, o Agustín Mourís acollerá a VI edición do Trofeo Portus Apostoli, que enfrontará ao equipo local Noia Portus Apostoli FS co Eléctrico FC, da Primeira División portuguesa.
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial no salón de plenos da casa consistorial.