Primeira regata de remo de mar e a única de liga nacional que se celebra en Galicia

Escrito o 22/09/2023



🛶 O vindeiro sábado, 30 de setembro, a Ría de Muros-Noia acollerá a primeira regata de remo de mar e a única de liga nacional que se celebra en Galicia. Esta mañá as instalacións do Club do Mar Noia acolleu a presentación oficial aos medios na cal se confirmou que a proba será Memorial "José González Capeáns". A regata será en horario de mañá e tarde e o inicio previsto será, aproximadamente, ás 09:30h.