🛼 Esta fin de semana a nosa vila converterase no epicentro da patinaxe

Escrito o 10/10/2023



🛼 Esta fin de semana a nosa vila converterase no epicentro da patinaxe. Os días 14 e 15 o Agustín Mourís acollerá a II Fase de categoría rexional, unha cita que traerá preto de 300 deportistas de todos os puntos de Galicia.
Dende aquí felicitamos ao Club Noia Patin polo excelente traballo, facendo que ano tras ano sexa un deporte que medre. Tamén queremos invitar a todos os veciños a que se acheguen ao pavillón a gozar do mellor da patinaxe.