24 noviembre 2023
Noia xúntase no Día Internacional contra a violencia de xénero, nun movemento de concienciación xeral da poboación 💜
Noia xúntase no Día Internacional contra a violencia de xénero, nun movemento de concienciación xeral da poboación 💜
05 noviembre 2023
Claudina é profesora no IES Campo de San Alberto
👩🏫 Claudina é profesora no IES Campo de San Alberto, atópase de intercambio no Forest Hill Collegiate Institute de Toronto, Canadá 🇨🇦 , onde fixo entrega á directora do instituto canadiense dun pequeno agasallo doado polo Concello, así como trípticos informativos da nosa Vila.
02 noviembre 2023
A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove
A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove. Goza das fins de semana de novembro e decembro de actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís.
26 octubre 2023
Este domingo, 29 de outubro, terá lugar "Cultura Urbana On Tour"
Este domingo, 29 de outubro, terá lugar na Alameda de Noia "Cultura Urbana On Tour", un ciclo de obradoiros itinerantes de graffiti, parkour, rap e cap paint impartidos por Vella Escola, en colaboración co Concello de Noia e promovidos pola Asociación de Familias Galegas Monomarentais (FAGAMOS). Están dirixidos á rapazada de entre de 8 e 16 anos e abertos a todas as familias pero con prioridade de acceso ás #familiasmonomarentais.
26 octubre 2023
A Concellería de Educación presenta o proxecto “Aula nas ondas”
A Concellería de Educación, en colaboración con Radio Líder Noia, presenta o proxecto “Aula nas ondas”.
18 octubre 2023
Neste curso escolar o Concello de Noia destina 150.000 € ao eido da educación
Neste curso escolar o Concello de Noia destina 150.000 € ao eido da educación
29 septiembre 2023
O Concello de Noia ampliará o crédito destinado ao comedor escolar
O Concello de Noia ampliará o crédito destinado ao comedor escolar para satisfacer a demanda das familias.
22 septiembre 2023
📚 AXUDAS LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. 📚
📚 AXUDAS LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. 📚
18 septiembre 2023
O Concello de Noia sitúase á cabeza do Barbanza nas axudas durante este curso escolar
O Concello de Noia sitúase á cabeza do Barbanza nas axudas durante este curso escolar. Cunha partida de 100.000 euros que se repartirá entre as familias de forma directa, cheques para a compra de material escolar e axudas para reducir as cuotas dos comedores escolares; así coma aportacións ao servizo de madrugadores e a colaboración na contratación de monitores para os comedores escolares.
01 agosto 2023
Obras de mellora que están en marcha no IES Virxe do Mar
Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, xunto á Concelleira de Obras, Laura Salgado, e o Concelleiro de Educación, Iván Lorenzo; visitaron as obras de mellora que están en marcha no IES Virxe do Mar. Unhas actuacións necesarias para facer un centro máis confortable, seguro e eficaz; e que conta cunha inversión de 390.000€ que se suma ás melloras levadas a cabo nos demáis centros educativos da vila.
09 junio 2023
Exposición “ANIMALARIO INVENTADO" no claustro do Concello
Hoxe o alumnado de infantil do colexio CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso inaugurou, no claustro do Concello, a exposición “ANIMALARIO INVENTADO". Un traballo de creatividade realizado por eles mesmos coa axuda das súas familias, empregando material reciclado.
05 junio 2023
Campamento Urbano de verán e o Concilia de Verán
Hoxe presentamos o Campamento Urbano de verán e o Concilia de Verán que abren os seus prazos de inscrición a partir do vindeiro luns 5 de xuño. O Concilia De Verán está aberto a acoller a calquer rapaz da vila, pertenza ou non ao centro educativo onde se levará a cabo a actividade.
10 mayo 2023
Conferencia sobre os fondos bibliográficos históricos no IES Virxe do Mar.
O próximo venres, 12 de maio, ás 19:00h terá lugar, no Edificio do Casino, unha conferencia sobre os fondos bibliográficos históricos no IES Virxe do Mar.
04 abril 2023
#CampamentodeSemanaSantaNoia
O lecer e a conciliación familiar son a finalidade do #CampamentodeSemanaSantaNoia, que dou comezo onte e no que participan 70 nenos e nenas da nosa vila.
29 marzo 2023
Gonzalo Trenor anunciou unha inversión de 340.000€ no IES Virxe do Mar
Esta mañá o Delegado Territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitaba o IES Virxe do Mar acompañado do director do centro, do responsable da unidade técnica de educación, do Alcalde e concelleiros.
24 marzo 2023
Campamento de Semana Santa
Esta mañá a Concelleira de Xuventude, Laura Salgado, xunto con Socorro Creo, representante de Axóuxere, presentaban o campamento de Semana Santa, dirixido aos rapaces de entre 3 e 12 anos, que terá lugar os días 3, 4, 5, e 10 de abril.
08 marzo 2023
Acto conmemorativo a nosas muestras polo 8 de marzo
Esta tarde tivo lugar, no Coliseo Noela, o acto-homenaxe a algunhas das mulleres que se dedicaron ao ensino na nosa vila. Un acto no que se recoñeceu o seu importante labor no eido da ensinanza.
03 marzo 2023
Magnífica exposición, de temática mariñeira, no Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso.
Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e a Concelleira, Laura Salgado, visitaron o Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso. O motivo da súa visita foi coñecer, de primeira man, a magnífica exposición, de temática mariñeira, que realizou o alumnado. Adornaron todo o centro, así como as portas das aulas. Ao remate os artistas recibiron, por parte do Concello, unha camiseta conmemorativa.
16 febrero 2023
Os alumnos do Colexio Jaime Balmes; que percorreron Noia con disfraces de concienciación sobre a reciclaxe
Esta mañá o entroido chegou ás nosas rúas. Os encargados de darlle cor á nosa vila e inaugurar esta festas foron os alumnos do Colexio Jaime Balmes; que percorreron Noia con disfraces de concienciación sobre a reciclaxe e o coidado do noso medio ambiente.
15 febrero 2023
O IES Campo de San Alberto conta dentro do seu alumnado con Correspondentes Xuvenís, parte dun programa da Consellería de Política Social e Xuventude.
O IES Campo de San Alberto conta dentro do seu alumnado con Correspondentes Xuvenís, parte dun programa da Consellería de Política Social e Xuventude. Este grupo de alumnos e alumnas, do ciclo de formación básica de electrónica e electricidade e do grado medio de xestión administrativa, están a participar no proxecto ACADIX ( Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade, Xénero); unha oportunidade de realizar actividades conxuntas, tales como a actualización do taboleiro Correspondentes Xuvenís 3.0 e a realización de dinámicas de grupo, entre outras. Esta mañá, a Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, acompañada da Concelleira de Xuventude, Laura Salgado, comprobaron o gran traballo realizado e animaron ao alumnado a seguir con este proxecto.
31 enero 2023
Programa de Márketing dixital e cooperativismo da Asociación Deloa
A finais de febreiro comezará, da man da Asociación Deloa, o programa de Márketing dixital e cooperativismo. Un programa que se presenta coma unha gran oportunidade de acceder ao mercado laboral á mocidade de entre 16 e 29 anos.
07 diciembre 2022
Nova edición do Campamento de Nadal dirixido aos rapaces de entre 3 e 12 anos
Esta mañá a Concelleira de Deportes e Xuventude, Laura Salgado García, xunto con Socorro Creo, representante de Axóuxere Deporte e Animación S.L., presentaban unha nova edición do campamento de Nadal, dirixido aos rapaces de entre 3 e 12 anos, que dará comenzo o día 23 de decembro e rematará o 4 de Xaneiro.
02 diciembre 2022
Xa está en marcha a "Campaña de Neve 2023"⛄, da Deputación da Coruña
Xa está en marcha a "Campaña de Neve 2023"⛄, da Deputación da Coruña, na estación asturiana de Valdegrande-Pajares.
28 noviembre 2022