31 agosto 2023

As obras de mellora do IES Virxe do Mar avanzan a bo ritmo.

As obras de mellora do IES Virxe do Mar avanzan a bo ritmo.

29 agosto 2023

Mellora no sistema de abastecemento de auga na nosa vila

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron a nosa vila para anunciar o investimento de 1,3M €, por parte da Xunta, para mellorar o sistema de abastecemento de auga na nosa vila.

08 agosto 2023

Mellora na EDAR

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a encomenda do goberno galego á empresa Tragsa da mellora na EDAR. Unhas actuacións, enmarcadas no Plan de Saneamento local, que contan cun prazo de execución de 10 meses e un investimento de máis de 2,3M€. Os traballos consistirán na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta, así como a renovación da metade da cuberta que queda por sustituir e das baixantes da recollida de augas. Esta intervención enmarcarse do convenio selado entre a administración autonómica e a administración local para mellorar o saneamento da Ría de Noia.

01 agosto 2023

Obras de mellora que están en marcha no IES Virxe do Mar

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, xunto á Concelleira de Obras, Laura Salgado, e o Concelleiro de Educación, Iván Lorenzo; visitaron as obras de mellora que están en marcha no IES Virxe do Mar. Unhas actuacións necesarias para facer un centro máis confortable, seguro e eficaz; e que conta cunha inversión de 390.000€ que se suma ás melloras levadas a cabo nos demáis centros educativos da vila.

29 junio 2023

Asfaltado da estrada na zona de Vilanova-Orro

Estes días levouse a cabo o asfaltado da estrada na zona de Vilanova-Orro. Onte o Alcalde, Santi Freire, achegouse a comprobar as actuacións. Ademais mantivo un encontro con veciños e con operarios, da brigada municipal de obras, para mellorar os sumidoiros e beirarrúas en Vilanova.

24 junio 2023

Continúan as obras de saneamento na Barquiña

Continúan as obras de saneamento na Barquiña. Unhas obras que inclúen a instalación do bombeo e dunha tubería de impulsión.

03 mayo 2023

O Concello de Noia inicia as obras de humanización da rúa Anxo Senra cun investimento de case 205.000 euros

O Concello de Noia inicia as obras de humanización da rúa Anxo Senra cun investimento de case 205.000 euros.

11 abril 2023

O Concello de Noia instalará bancos no Malecón de San Lázaro

O Concello de Noia vai proceder á instalación de bancos no Malecón de San Lázaro para evitar que os veciños empreguen o petril de pedra para sentarse. O que se pretende con esta actuación é minimizar o risco de que se repitan incidentes coma o do pasado domingo.

04 abril 2023

Rehabilitación do antigo estaleiro de Hermida.

Nos vindeiros días darán comezo as obras de rehabilitación do antigo estaleiro de Hermida. Unha actuación que conta cun investimento de preto de 400.000€.

03 abril 2023

Veñen de rematarse as melloras no edificio do Xulgado.

Veñen de rematarse as melloras no edificio do Xulgado. Unhas actuacións que consistiron na rehabilitación, mellora enerxética e na sustitución da cuberta, as carpinterías e luminarias; e que contaron cunha inversión de máis de 200.000 €, que se enmarcan dentro do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco histórico de Noia.

01 abril 2023

Melloras no saneamento en diferentes zonas da vila

Estes días estanse levando a cabo melloras no saneamento en diferentes zonas da vila. O Alcalde, Santi Freire, comprobou de primeira man os traballos, instalación de colectores de saneamento e tuberías de impulsión, nos lugares de Augalevada e A Barquiña. Actuacións que contan cun investimento de 300.000 €.

31 marzo 2023

O alumnado do Obradoiro de Emprego e as Brigadas de Xardíns de Noia acondiciona o exterior da antiga fábrica da Chaínza

O alumnado do obradoiro de emprego “Noia-Lousame-Outes” vén de acometer traballos de roza, repoboacións forestais e tratamentos silvícolas na contorna da antiga fábrica da Chaínza. “Unha actuación que, coa colaboración da Brigada de Xardíns de Noia, permitiron acondicionar e poñer en valor a contorna deste conxunto patrimonial no que prevemos habilitar un albergue, un centro de día e un centro de interpretación”, explica o alcalde de Noia, Santiago Freire.

29 marzo 2023

O Centro de día de Noia, próximamente, será unha realidade.

O Centro de día de Noia, próximamente, será unha realidade. Neste vídeo podedes ver un avance do que será un paso adiante en canto á calidade de vida dos nosos maiores.

27 marzo 2023

O Concello de Noia adxudica por 380.000 € a rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida, que estará lista en tres meses

O Concello de Noia vén de adxudicar por 379.988 euros as obras de rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida en Abruñeiras (Barro) á empresa Arines Obras y Proyectos SL. Un contrato que xa foi formalizado polo Executivo noiés polo que as obras comezarán nos próximos días.

24 marzo 2023

As obras de mellora da seguridade viaria na ponte Ceilán estarán rematadas nos próximos días

As obras mellora da seguridade viaria na Ponte Ceilán, na AC-550 ao seu paso polos concellos de Noia e Outes, están a piques de rematar. O alcalde de Noia, Santiago Freire, sinala que “nestes días estanse a instalar as novas luminarias LED no lado correspondente a Noia, polo que agardamos que nos próximos días poidan entrar en servizo e dar así resposta a unha demanda da veciñanza, que verá incrementada de forma moi significativa a seguridade viaria na zona”.

14 marzo 2023

Obras da travesía, que vai dende o cruce da Barquiña ata a Alameda

As obras da travesía, que vai dende o cruce da Barquiña ata a Alameda, avanzan a bo ritmo; xa se dou comezo ao segundo tramo de beirarrúas que van entre os dous cruces de Barro.

27 febrero 2023

As obras de rehabilitación do edificio do xulgado avanzan a bo ritmo

As obras de rehabilitación do edificio do xulgado, cunha inversión de máis de 200.000€, avanzan a bo ritmo.

13 febrero 2023

Xuntanza co director do Obradoiro de emprego a fin de supervisar os traballos de poda e mantemento do Monte do Bolo

Esta mañán, o Alcalde, Santi Freire, acompañado do Concelleiro de Medio Ambiente, Martín Fernández, e da Concelleira de Persoal, Beatriz Rosende, mantiveron una xuntanza co director do Obradoiro de emprego; a fin de supervisar os traballos de poda e mantemento que o persoal, en formación, está a realizar no Campo da Feira e que continuará, nos vindeiros días, coa plantación de novas árbores e mantemento do Monte do Bolo.

13 enero 2023

Obras de melloras acometidas no pavillón municipal Agustín Mourís

Esta mañá o Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Diego Calvo, xunto ao Secretario Xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial, Gonzalo Trenor, comprobaron de primeira man as obras de melloras acometidas no pavillón municipal Agustín Mourís. Unha actuación que se finalizou estes días coa instalación dun vídeomarcador. As actuacións foron cofinanciadas polo goberno galego, con preto de 60.000€, e a administración local.

10 enero 2023

Obras de mellora do firme da estrada AC-550

Onte o Alcalde, Santi Freire, acompañou á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, á visita que fixo a Porto do Son para comprobar o avance das obras de mellora do firme da estrada AC-550, que xa están executadas nun 90%, cun investimento de 2,7M€.

08 enero 2023

Darán comezo os traballos de pavimentación e mellora da seguridade viaria na Rúa da Coruña

Mañá, luns 9 de xaneiro, darán comezo os traballos de pavimentación e mellora da seguridade viaria na Rúa da Coruña; polo que estará prohibido estacionar en toda a rúa ata que rematen as obras.

13 diciembre 2022

Mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais ( EDAR)

O pasado mércores o Consello da Xunta autorizou a colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Noia para a mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais ( EDAR). Unha actuación que conta cun investimento autonómico de preto de 3M €. Esta mellora permitirá resolver as deficiencias de funcionamento e de capacidade, así coma mellorar o saneamento da ría.

06 diciembre 2022

Obras de melloras de aglomerado, pavimentación e marcación viaria no Pereiro de Arriba e na contorna do cemiterio de Santa Cristina.

Esta mañá o Alcalde, Santiago Freire, e o concelleiro de Obras, Martín Fernández, comprobaron as melloras de aglomerado, pavimentación e marcación viaria, que veñen de rematar no Pereiro de Arriba, na parroquia de Santa Mariña do Obre, e na contorna do cemiterio de Santa Cristina.

04 diciembre 2022

Estado das obras da pista multideportiva do Colexio Felipe de Castro.

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, xunto á Concelleira de deportes, Laura Salgado García, e o Concelleiro de obras, Martín Fernández, comprobaron o avance das obras da nova pista multideportiva do Colexio Felipe de Castro. Unha actuación cunha inversión de 100.000€ cofinanciada pola Xunta de Galicia e o propio concello.