24 noviembre 2023

O Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, anunciou unha inversión de 684.000€ no servizo de atención temperá

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e a Concelleira de Servizos Sociais/CIM NOIA , Marisol Villar, acompañaban ao Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, e á Xefa Territorial, María Blanco, á súa visita ao servizo de atención temperá. A nosa unidade é unha das dúas que existen na comarca. Durante a visita o Delegado anunciou unha inversión de 684.000€, nos dous centros. Tamén destacou a importancia deste servizo que mellora a autonomía, a convivencia social e familiar e a inclusión social.

03 noviembre 2023

Freire plantea ao conselleiro de Xustiza a varias melhoras

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e as Concelleiras Laura Salgado e Ana García, mantiñan unha reunión co Vicepresidente primeiro, Diego Calvo, e coa Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Entre os temas enriba de mesa, a compra dun inmoble para trasladar varias dependencias do xulgado. Posibles reformas na Casa do Concello, melloras nas instalacións do GES e en instalacións deportivas foron outros dos puntos tratados.

09 octubre 2023

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a realización do proxecto "Instalación de ascensor na Praza de Abastos de Noia".

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a realización do proxecto "Instalación de ascensor na Praza de Abastos de Noia".

14 septiembre 2023

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a renovación do alumbrado público exterior

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a renovación do alumbrado público exterior no municipio de Noia. Dito investimento foi cofinanciado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxia) ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020; modificado polo Real

29 agosto 2023

Mellora no sistema de abastecemento de auga na nosa vila

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron a nosa vila para anunciar o investimento de 1,3M €, por parte da Xunta, para mellorar o sistema de abastecemento de auga na nosa vila.

08 agosto 2023

Mellora na EDAR

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a encomenda do goberno galego á empresa Tragsa da mellora na EDAR. Unhas actuacións, enmarcadas no Plan de Saneamento local, que contan cun prazo de execución de 10 meses e un investimento de máis de 2,3M€. Os traballos consistirán na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta, así como a renovación da metade da cuberta que queda por sustituir e das baixantes da recollida de augas. Esta intervención enmarcarse do convenio selado entre a administración autonómica e a administración local para mellorar o saneamento da Ría de Noia.

03 mayo 2023

O Concello de Noia inicia as obras de humanización da rúa Anxo Senra cun investimento de case 205.000 euros

O Concello de Noia inicia as obras de humanización da rúa Anxo Senra cun investimento de case 205.000 euros.

04 abril 2023

Rehabilitación do antigo estaleiro de Hermida.

Nos vindeiros días darán comezo as obras de rehabilitación do antigo estaleiro de Hermida. Unha actuación que conta cun investimento de preto de 400.000€.

01 abril 2023

Portos de Galicia e o Concello de Noia analizan as posibilidades de ordenación da fachada marítima

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, contratou a un estudo arquitectónico a redacción dunha proposta preliminar de ordenación arquitectónica da fachada marítima de Noia. O obxectivo deste labor é aportar unha concepción global dos espazos para desenvolver a chancela portuaria de Labarta, no municipio noiés.

29 marzo 2023

Gonzalo Trenor anunciou unha inversión de 340.000€ no IES Virxe do Mar

Esta mañá o Delegado Territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitaba o IES Virxe do Mar acompañado do director do centro, do responsable da unidade técnica de educación, do Alcalde e concelleiros.

29 marzo 2023

O Centro de día de Noia, próximamente, será unha realidade.

O Centro de día de Noia, próximamente, será unha realidade. Neste vídeo podedes ver un avance do que será un paso adiante en canto á calidade de vida dos nosos maiores.

27 marzo 2023

O Concello de Noia adxudica por 380.000 € a rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida, que estará lista en tres meses

O Concello de Noia vén de adxudicar por 379.988 euros as obras de rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida en Abruñeiras (Barro) á empresa Arines Obras y Proyectos SL. Un contrato que xa foi formalizado polo Executivo noiés polo que as obras comezarán nos próximos días.

11 enero 2023

Necesidade de que Noia conte cunha unidade de estranxeiría e documentación

Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, mantivo un encontro de traballo con Roberto González Rodríguez, Secretario Xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), e Abel Lobato Buján, secretario provincial da Coruña.

13 diciembre 2022

Mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais ( EDAR)

O pasado mércores o Consello da Xunta autorizou a colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Noia para a mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais ( EDAR). Unha actuación que conta cun investimento autonómico de preto de 3M €. Esta mellora permitirá resolver as deficiencias de funcionamento e de capacidade, así coma mellorar o saneamento da ría.

23 noviembre 2022

Avanzan as obras da nova multipista deportiva no Colexio Felipe de Castro

Seguen avanzando as obras da nova multipista deportiva no Colexio Felipe de Castro. Unha obra que conta cunha inversión de 100.000€, un 75% aportado pola Xunta e o 25% polo propio concello.

27 octubre 2022

Visita da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez

Esta mañá a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, achegouse á nosa vila, e acompañada do Alcalde, Santi Freire, visitou as obras da glorieta da Barquiña.

18 octubre 2022

Firma do convenio de referencia aos Fondos de Cooperación

O Alcalde de Noia, Santi Freire, asinou hoxe o convenio de referencia aos Fondos de Cooperación, nunha reunión mantida con Ánxeles Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta; e varios alcaldes da comarca.

13 octubre 2022

Dan comezo as obras de construción da nova glorieta no lugar de A Barquiña

Dan comezo as obras de construción da nova glorieta no lugar de A Barquiña; unha actuación que mellorará a seguridade vial e que conta cunha inversión, por parte da Xunta, de 1,15 millóns de euros.

10 octubre 2022

Firma do convenio de colaboración para a construción do novo centro de saúde

Esta mañá recibiamos na nosa vila ao Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

23 diciembre 2021

Construción dunha glorieta no cruce da Barquiña.

O Consello da Xunta, celebrado esta mañá, vén de autorizar as expropiacións para a construción dunha glorieta no cruce da Barquiña. Un investimento de 1,15M€. Asemesmo actuarase nas beirarrúas, ambos lados, dende a nova glorieta ata a Rúa Calvario (á altura da Capitanía Marítima).