30 noviembre 2023
A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE, durante o mes de decembro.
24 noviembre 2023
O Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, anunciou unha inversión de 684.000€ no servizo de atención temperá
Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e a Concelleira de Servizos Sociais/CIM NOIA , Marisol Villar, acompañaban ao Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, e á Xefa Territorial, María Blanco, á súa visita ao servizo de atención temperá. A nosa unidade é unha das dúas que existen na comarca. Durante a visita o Delegado anunciou unha inversión de 684.000€, nos dous centros. Tamén destacou a importancia deste servizo que mellora a autonomía, a convivencia social e familiar e a inclusión social.
24 noviembre 2023
Noia xúntase no Día Internacional contra a violencia de xénero, nun movemento de concienciación xeral da poboación 💜
Noia xúntase no Día Internacional contra a violencia de xénero, nun movemento de concienciación xeral da poboación 💜
24 noviembre 2023
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor,participou na inauguración do obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo Alcalde de Noia, Santiago Freire e pola Alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, participou na inauguración do obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023, organizado polo Concello de Noia en colaboración co Concello de Lousame,
23 noviembre 2023
Programación con motivo do vindeiro 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”
🟣Programación completa que organizamos dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM), con motivo do vindeiro 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero” 🫂
14 noviembre 2023
Xuntos polo Nadal
INFORMACIÓN E SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE NOIA.
10 noviembre 2023
Fíxoselle entrega do Premio Honorífico da Mostra a Javier Gutiérrez
Onte, dentro do marco da 🎬 XXIV Mostra Curtas Noia, fíxoselle entrega do Premio Honorífico da Mostra a Javier Gutiérrez, un actor gañador de 2 Premios Goya e cunha longa e exitosa traxectoria.
05 noviembre 2023
Claudina é profesora no IES Campo de San Alberto
👩🏫 Claudina é profesora no IES Campo de San Alberto, atópase de intercambio no Forest Hill Collegiate Institute de Toronto, Canadá 🇨🇦 , onde fixo entrega á directora do instituto canadiense dun pequeno agasallo doado polo Concello, así como trípticos informativos da nosa Vila.
03 noviembre 2023
Freire plantea ao conselleiro de Xustiza a varias melhoras
Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e as Concelleiras Laura Salgado e Ana García, mantiñan unha reunión co Vicepresidente primeiro, Diego Calvo, e coa Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Entre os temas enriba de mesa, a compra dun inmoble para trasladar varias dependencias do xulgado. Posibles reformas na Casa do Concello, melloras nas instalacións do GES e en instalacións deportivas foron outros dos puntos tratados.
02 noviembre 2023
A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove
A Xunta de Galicia pon en marcha a III edición de #OutonoXove. Goza das fins de semana de novembro e decembro de actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís.
27 octubre 2023
🟣III Concurso Insta - Foto "Rachando co Medo" 📷
III Concurso Insta - Foto "Rachando co Medo"
26 octubre 2023
O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu onte a Noia
O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu onte a Noia para atender as demandas dos profesionais do sector marisqueiro despois dun irregular inicio de campaña. No encontro celebrado na sede da Confraría San Bartolomeu de Noia, o Conselleiro conversou cos representantes do sector co fin de coñecer a súa problemática e articular as medidas que contribúan a paliar a súa situación.
12 octubre 2023
Actos do 12 Outubro. Ás 12:30 h no Convento dos Pais Franciscanos
Esta mañá tiñan lugar os actos do #12Outubro. Ás 12:30 h no Convento dos Pais Franciscanos celebrouse a misa no honra da Virxe do Pilar. Unha vez rematada a eucaristía o claustro do concello acollía o ágape, durante o cal o Capitán da Garda Civil, logo de dirixirse aos asistentes, fixo entrega de 4 placas, unha das cales foi para o Concello. O Alcalde, Santi Freire, foi o encargado de recollela.
02 octubre 2023
Clausura do o obradoiro de emprego "Noia-Lousame-Outes 2022"
En outubro do 2022 botaba a andar o obradoiro de emprego "Noia-Lousame-Outes 2022". Durante 12 meses, 20 alumnos, especializaronse en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
28 septiembre 2023
VII Edición Noia en marcha contra o cancro
O vindeiro sábado 30 de setembro poderemos desfrutar dunha cita solidaria, a VII Edición Noia en marcha contra o cancro.
22 septiembre 2023
📚 AXUDAS LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. 📚
📚 AXUDAS LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. 📚
14 septiembre 2023
O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a renovación do alumbrado público exterior
O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a renovación do alumbrado público exterior no municipio de Noia. Dito investimento foi cofinanciado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxia) ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020; modificado polo Real
13 septiembre 2023
Poderíanse producir interferencias na sinal da televisión dixital terrestre TDT
📣📣 O Concello de Noia informa que tralo inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, poderíanse producir interferencias na sinal da televisión dixital terrestre TDT.
11 septiembre 2023
A campaña Galicia sabe Amar, da Consellería do Mar, está na Vila
A campaña Galicia sabe Amar, da Consellería do Mar, segue a súa ruta. Hoxe luns e mañá, martes, en horario de 12:00h a 15:00h e de 18:00h a 21:00h, a foodtruck volverá a facer parada na nosa vila.
07 septiembre 2023
A unidade móbil de doazón de sangue estará na nosa localidade
#DoazóndeSangue
27 agosto 2023
un ano máis será o Concello o que se encargue da organización das festas de San Bartolomeu
Como vén sendo tradición, cada 26 de agosto, a Corporación municipal asistiu á misa, á renovación do voto a San Roque, e a posterior procesión; na cal se ofreceu o ramo para a organización das festas patronais do 2024. Ninguén o aceptou e un ano máis será o Concello, dende a Concellería de Cultura, o que se encargue da súa organización. #SanBartolomeu23
26 agosto 2023
A Corporación Municipal quere mandar o seu máis sentido pésame á familia de Julio Mato "Matito"
A Corporación Municipal quere mandar o seu máis sentido pésame á familia de Julio Mato "Matito", falecido no día de hoxe.
24 agosto 2023
Nas festas de San Bartolomeu, o deporte noiés sempre é un dos protagonistas
Nas festas de San Bartolomeu, o deporte noiés sempre é un dos protagonistas na nosa vila.
24 agosto 2023