O Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, anunciou unha inversión de 684.000€ no servizo de atención temperá

Escrito o 24/11/2023



Esta mañá o Alcalde, Santi Freire, e a Concelleira de Servizos Sociais/CIM NOIA , Marisol Villar, acompañaban ao Delegado Territorial, Gonzalo Trenor, e á Xefa Territorial, María Blanco, á súa visita ao servizo de atención temperá. A nosa unidade é unha das dúas que existen na comarca. Durante a visita o Delegado anunciou unha inversión de 684.000€, nos dous centros. Tamén destacou a importancia deste servizo que mellora a autonomía, a convivencia social e familiar e a inclusión social.