O pasado domingo tivo lugar a VI Andaina Solidaria a prol da Asociación Misela

Escrito o 07/12/2023



O pasado domingo tivo lugar a VI Andaina Solidaria a prol da Asociación Misela, organizada polo Club Trabandainas. Dende o Concello estamos encantados de colaborar cunha actividade como esta. 
Queremos agradecer a Trabandainas a súa magnífica organización, á rapazada de Asociación Misela o seu bo humor, á Policía Local Noia, á Cruz Roja Noia, e á AVPC a súa colaboración, así como a todas as persoas que vos achegastes a participar nun acto de solidariedade.