Celebración do acto na honra da Virxe do Loreto, patroa da aviación española

Escrito o 10/12/2023



O Alcalde Santi Freire  e o concelleiro Luis Alamancos participaron está mañá no acto na honra da Virxe do Loreto, patroa da aviación española. Logo da homilía tiña lugar o acto castrense coa intervención da capitana, de maneira accidental, Seila García que tivo palabras para o comandante Javier Marcos Barreiro que se atopa de misión internacional en Somalia. A continuación varios militares foron distinguidos con diferentes recoñecementos.