Esta mañá o Concello de Noia acolleu a constitución da Mesa interinstitucional contra a Violencia Machista

Escrito o 15/12/2023



💜Esta mañá o Concello de Noia acolleu a constitución da Mesa interinstitucional contra a Violencia Machista. 
Esta mesa estivo composta polo Alcalde do Concello, a concelleira de Servizos Sociais  e  unha representación da Secretaría Xeral de Igualdade, a Subdelegada do Goberno en A Coruña,  representantes dos centros educativos e institutos da nosa vila, centro de saúde, garda civil, policía local, servizos sociais e CIM.
👉Esta iniciativa  busca mellorar a detección precoz dos casos de violencia machista, incrementar a calidade da coordinación por parte de todas as administracións públicas e contribuir así a optimizar a accesibilidade aos recursos e ás prestacións dos servizos de atención ás vítimas, e será coordinada dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM)
#cimnoia #concellonoia #igualdade