VENRES DE CONSUMO RESPONDE

Escrito o 19/01/2024


A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE, durante os meses de xaneiro e febreiro. 
Este venres, día 19, ás 12:30 h celebrarase, a través da aula virtual de consumo, a primeira das 6 charlas abertas, neste caso sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados con GARANTÍAS. 
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder os venres ás 12.30 h á web de consumo da Xunta de Galicia. 
ℹ️Para participar en cada charla:
1️⃣Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2️⃣Pincha na foto que ves na páxina principal VENRES DE CONSUMO
3️⃣Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois preme na ligazón para acceder á mesma.
⚠️OLLO! Se non tedes a aplicación Webex instalada, debedes premer en "Únase desde el navegador"
4️⃣UNIRSE Á REUNIÓN
#ConsumoResponde