3H Resistencia BTT organizada polo CPC Toxo

Escrito o 22/01/2024



🚴‍♀️ Onte celebrouse a proba 3H Resistencia BTT organizada polo CPC Toxo
💪 A proba superou os 260 participantes, entre os que se atopaban ciclistas da nosa vila, os cales obtiveron resultados máis que destacables.
🥇 O noso veciño Ángel Maneiro segue como líder da categoría élite, sendo esta a súa segunda victoria consecutiva.
👏 Noraboa a todos os participantes, e en especial ao clube organizador, que xunto cos demáis colaboradores fixeron posible esta proba da Copa Galicia.