Xa está aquí o #Entroido2024.

Escrito o 30/01/2024



👹🤡 Xa está aquí o #Entroido2024. 
➡️ Esta mañá tiña lugar a presentación do programa que comezará o vindeiro 10 de febreiro cunha carreira de disfraces. 
🎭 O luns 12 o protagonismo será para os máis pequenos co tradicional concurso infantil. 
🐟 Como xa é tradición, o mércores de cinza, teremos o enterro da sardiña, con chocolatada na Rúa do Curro ( 1€ en beneficio de Cáritas)
🎊 A XXXVIII edición do Rally París-Dakar poñerá, o venres 16, fin ao noso entroido. A saída será da Explanada de Labarta.
ℹ️ As inscricións para o concurso e o París-Dakar pódense facer: 
- Na sede electrónica do concello: noia.sedelectronica.gal
- No primeiro andar da Casa do Concello
- No teléfono 981 84 21 00 ( extensión 2031)